Beneficios fiscais: no Imposto sobre actividades económicas

Descrición

Solicitude de declaración de exención ou bonificación no imposto sobre actividades económicas nos supostos legalmente establecidos de beneficios fiscais a instancia do interesado. Os supostos de beneficios fiscais de oficio con achega de documentación xustificativa atópanse no apartado así denominado.

Documentación necesaria

BONIFICACIÓNS

Incremento de traballadores con contrato indefinido
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Documentación que especifique e acredite o número de traballadores con contrato indefinido que figuraban na plantilla da empresa e centro de traballo en Santiago de Compostela no período impositivo inmediato anterior ao da aplicación da bonificación e no período anterior a aquel.
  • Certificados da Tesourería Xeral da Seguridade Social da vida laboral da empresa nos exercicios correspondentes.
  • Contratos laborais dos traballadores contratados no período impositivo inmediato anterior ao da aplicación da bonificación.
  • TC2 de decembro do ano anterior ao do aumento de contratación indefinida.

EXENCIÓNS

Organismos públicos de investigación, establecementos de ensinanza públicos ou con concerto educativo
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Certificación da administración correspondente acreditativa do financiamento da entidade.
  • Se procede, declaración xurada acreditativa de que a venda de productos destínase exclusivamente á adquisición de materias primas ou ao sostemento do establecemento.
Asociacións e fundacións de diminuídos físicos, psíquicos e sensoriais, sen ánimo de lucro
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Certificación do órgano do que dependa, acreditativa da natureza e fins da entidade.
  • Se procede, declaración xurada acreditativa de que a venda de productos destínase exclusivamente á adquisición de materias primas ou ao sostemento do establecemento.
Entidades sen fins de lucro (ver instruccións particulares)
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Estatutos da entidade.
  • Certificado de inscrición no Rexistro de Entidades Relixiosas ou Rexistro oficial correspondente.
  • Declaración xurada de que a actividade non é allea ao obxecto ou finalidade estatutaria.
  • Declaración xurada de destinar a fins de interese xeral alomenos o 70% dos ingresos.
  • Certificado da AEAT de comunicación da opción polo réxime fiscal especial.
  • Declaración xurada de que se cumpren as obrigas contables e de rendición de contas.
  • Memoria económica ou compromiso de elaboración anual.
  • Declaración de utilidade pública.
  • Declaración censal presentada na AEAT pola que se comunica a opción da entidade polo réxime fiscal especial previsto no Título II da Lei 49/2002.

Notas para o cidadán

Normativa reguladora:
  • Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
  • Real Decreto 1065/2007, do 27 de xullo, que aproba o regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos.
  • Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenazgo.
  • Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
Ordenanzas fiscais municipais:

Solicítase en

Oficina de Atención ao Contribuínte
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo.
Tel.: 881 599 977 (de (8 a 20 h. en horario ininterrompido) / 981 542 384 (de 9 a 14 h.)
Fax.: 981 542 381
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. Este trámite pode requerir cita previa, neste caso, débese empregar o sistema de cita previa chamando ao teléfono 881 599 977 / 981 542 384 ou na web do Concello de Santiago, no sitio Cita previa
Horario especial de atención ao público do 20 de xuño ao 10 de setembro:de 9:00 a 13:30 h.

Preséntase en

Tramítase en

Xestión tributaria, Recadación e Inspección
Enderezo: Galeras, 5 -3º andar

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: