Pago de impostos por internet

Descrición

Para o pago, a través da web, dos seus recibos do Concello de Santiago de Compostela tan só ten que seguir os pasos que lle detallamos a seguir:
  • Prema na opción Pago en liña.
  • Despois deberá cubrir os campos marcados, copiando exactamente os datos que aparecen escritos no recibo.
  • Unha vez cuberto este formulario, o sistema redirixirao á páxina de pago, que lle mostrará os datos de:
    - Entidade de cobro.
    - A identificación do tributo.
    - A referencia do tributo.
  • Chegados a este punto terá que introducir os datos da súa tarxeta (número e data de caducidade).
As entidades bancarias colaboradoras son:
- BBVA
- Caixa Galicia
- Caixanova
- La Caixa
- Santander Central Hispano
- Asemade, pode utilizarse a pasarela RED.ES se o usuario posúe un certificado dixital válido.

Periodicidade

Consultar o Calendario do Contribuínte

Preséntase en

Tramítase en

Atención ao contribuínte
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4-baixo
Tel.: 881 599 977 (de 8 a 20 h. en horario ininterrompido) / 981 542 384 (de 9 a 14 h.)
Fax: 981 542 381
Correo: Contactar co Concello
Horario: Atención presencial, de luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Horario especial de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro:de 9:00 a 13:30 h. (agás horario específico de cita previa)


Compartir: