Presentación de documentación

Descrición

Presentación de documentación para o Servizo Municipal de Xestión, Recadación e Inspección Tributaria.

Dirixido a

Todos os cidadáns que deben presentar documentación no Servizo de Xestión, Recadación e Inspección Tributaria do Concello de Santiago de Compostela.

Requirimentos

Cumprimentar os apartados do modelo de instacia "Presentación de documentación".
Instruccións xerais:
- O impreso pódese cumprimentar a man (con maiúsculas tipo imprenta) ou electrónicamente, enchendo os campos correspondentes.
- Presénteo asinado nos Rexistros do Concello de Santiago, nos rexistros da Administración Xeral do Estado, das comunidades autónomas, mediante as formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, ou en calquera outra oficina de rexistro establecida nas disposicións vixentes.
Instruccións particulares:
1. Interesado: Os datos coincidirán con:
a. Quen teña promovido o procedemento en trámite para o que se presenta a documentación.
b. A persoa coa que se segue o expediente promovido polo Concello, cando actúa de oficio.
2. Representante: Os seus datos só se cumprimentan cando se teña designado un representante. En todo caso, como acto de mero trámite, a representación presúmese concedida.
3. Requirimento: Os datos son os que figuran no documento que lle notificou o Servizo de Xestión, Recadación e Inspección Tributaria por mor da necesidade de subsanar a falta de documentación preceptiva no expediente instado polo interesado ou iniciado de oficio polo Concello.
4. Solicitude: Indique con claridade e precisión cada un dos documentos que presenta.

Notas para o cidadán

A documentación presentada incorporarase ao expediente correspondente e seguirá a tramitación propia do procedemento que deu orixe ao requirimento de documentación

Solicítase en

Atención ao contribuínte
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4-baixo
Tel.: 881 599 977 (de 8 a 20 h. en horario ininterrompido) / 981 542 384 (de 9 a 14 h.)
Fax: 981 542 381
Correo: Contactar co Concello
Horario: Atención presencial, de luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Horario especial de atención ao público do 19 de xuño ao 10 de setembro:de 9:00 a 13:30 h. Xestión tributaria, Recadación e Inspección
Enderezo: Galeras, 5 -3º andar

Preséntase en

Tramítase en

Atención ao Contribuínte

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: