Solicitude de prórroga de autoliquidación do Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana (Plusvalía) por causa de morte

Descrición

Solicitude de prórroga para autoliquidar o imposto sobre o incremento dos terreos de natureza urbana no caso de transmisión por causa de morte.

Dirixido a

Ás persoas a cuxo favor se constitúa ou transmita un dereito real sobre un inmoble como consecuencia dunha transmisión mortis causa.
O obrigado ao pagamento, suxeito pasivo, será o herdeiro, legatario ou a comunidade de herdeiros.

Requirimentos

O prazo para solicitar a prórroga será de seis meses a contar dende a data de falecemento do causante.

O prazo para autoliquidar o imposto, se procede a prórroga, será dun ano a contar dende a data na que se constitúe ou transmite calquera dereito real de goce limitativo do dominio sobre o terreo, que é a data de falecemento do causante.

Documentación necesaria

  • Certificado de defunción ou copia compulsada.
  • Documentación acreditativa da condición de beneficiario da herdanza.
    • Notas para o cidadán

      Normativa reguladora:
      • Ordenanza fiscal 1.03 reguladora do imposto sobre o aumento de valor dos terreos de natureza urbana.
      • Texto refundido da lei reguladora das facendas locais aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
        • Solicítase en

          Oficina de Atención ao Contribuínte
          Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo.
          Tel.: 881 599 977 (de (8 a 20 h. en horario ininterrompido) / 981 542 384 (de 9 a 14 h.)
          Fax.: 981 542 381
          Correo: Contactar co Concello
          Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. Este trámite pode requerir cita previa, neste caso, débese empregar o sistema de cita previa chamando ao teléfono 881 599 977 / 981 542 384 ou na web do Concello de Santiago, no sitio Cita previa
          Horario especial de atención ao público do 20 de xuño ao 10 de setembro:de 9:00 a 13:30 h.

          Preséntase en

          Tramítase en

          Atención ao Contribuínte

          Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: