Presentación

Plan de Xestión para a Cidade Histórica de Santiago


O Plan de Xestión para a Cidade Histórica de Santiago é un compromiso coa UNESCO en cumprimento das condicións esixidas por ser Santiago de Compostela Cidade Patrimonio da Humanidade. O propósito deste documento é aglutinar o conxunto de planificacións e decisións relevantes que afectan á Cidade Histórica e, a través dela, á cidade de Santiago de Compostela en torno a unha planificación estratéxica, e garantir a coherencia e cohesión interna dos diferentes plans, programas e grandes proxectos que se acometan en Santiago durante os próximos anos.

A elección do Plan de Xestión como instrumento de orientación estratéxica xustifícase pola súa proxección cidadá e internacional, así como pola súa flexibilidade para configurar marcos estratéxicos, programas e accións que posicionen a conservación en relación co territorio e con diferentes aspectos -funcionais, urbanísticos e arquitectónicos, sociais, culturais e económicos- dispondo procedementos para a súa monitorización e seguimento.
Compartir: