Presentación

Que é un Orzamento Participativo?

Un Orzamento Participativo é un mecanismo que permite á veciñanza decidir sobre o gasto público, facendo propostas e decidindo sobre os proxectos a realizar.

Que se decide?

De cara a 2024, o Goberno municipal inicia un novo proceso de Orzamentos Participativos a través do Departamento de Xuventude. Os mozos e mozas de entre 16 (a cumprir en 2024) e 30 anos que residan, estuden ou traballen en Santiago de Compostela decidirán o destino de 100.000 € para a programación de actividades que se desenvolverán ao longo dese ano.

O Concello de Santiago conta xa coa experiencia de varios anos nos que, a través dos Orzamentos Participativos, o Departamento de Xuventude desenvolveu numerosas actividades. Estas son algunhas delas:

- Boas noites (2016 - 2019). Programa de lecer nocturno como alternativa lúdica, construtiva e saudable durante as fins de semana

- Cine ao aire libre (2016 - 2019) en parroquias e barrios do concello

- Actividades de formación e concienciación sobre igualdade e violencia de xénero (2016 - 2019)

- Encontros internacionais de cultura africana, xamaicana e galega (2016-17)

- The Bloque en Bloque Festival (2016), festival cultural no barrio das Fontiñas

- As Cancelas Primavera Fest (2017), festival musical de pequeno formato

- Elas tamén pintan (2017) e Derrubando muros con pintura (2019), arte urbana e recuperación paisaxística desde a perspectiva de igualdade

- Mes da Cultura Urbana (2017), con diferentes obradoiros, intervencións e actuacións

- Campamento xuvenil urbano (2017)

- Hortalíza-Te (2018-19), hortas ecolóxicas e formación para a mocidade nesta materia

- Cursos de lingua de signos (2019)

Que se pode propoñer?

Os 100.000€ orzados para este proceso destinaranse a actividades como festivais, talleres, formacións específicas, campañas de sensibilización… e en xeral, a aqueles proxectos que supoñan a contratación de bens e servizos externos cunha duración determinada ou puntual.

As propostas deben ser de interese xeral, competencia do Concello de Santiago de Compostela, estar dirixidas á mocidade, e seren viables técnica e legalmente. Non se incluirán proxectos que supoñan investimentos (construcións ou obras), contratación directa de persoal, gastos de mantemento ordinario, ou que teñan o carácter de subvención. Tampouco aqueles que propoñan a contratación específica dunha entidade ou empresa.

Antes da fase de votación, as propostas serán supervisadas e cuantificadas polo persoal do departamento de Xuventude.

Quen pode participar, e como?

Os Orzamentos Participativos constan de dúas fases: a realización de propostas e a votación.

Pode facer propostas calquera persoa, sen límite de idade. As propostas pódense enviar a través da páxina web decide.santiagodecompostela.gal e do correo electrónico decide@santiagodecompostela.gal ou entregalas nos espazos municipais habilitados ou durante os encontros e obradoiros que levará a cabo o Concello. En tódolos casos deberá achegarse debidamente cumprimentado este formulario.

Poden votar as propostas as mozas e mozos de entre 16 (a cumprir en 2024) e 30 anos que residan, estuden ou traballen en Santiago de Compostela, e que así o acrediten. Cada persoa deberá votar tres propostas, indicando o seu grao de preferencia.

A votación será online entre o 19 de febreiro e o 3 de marzo, a través da páxina da web decide.santiagodecompostela.gal

Folleto Compostela Decide

Descargar folleto informativo

Resultado do proceso

Estas son as 10 propostas máis votadas, que se van realizar dentro do orzamento de 100.000€ destinados á activades de Orzamentos participativos:

1. Cine ao aire libre (autocine, parques...) con opción de selección de películas.
2. Concerto de música con grupo ou artista referente da escena musical actual.
3. Festival da música urbana con artistas emerxentes de hip-hop, rap, raggaetón, trap, freestyle e outros estilos contemporáneos.
4, Fuera de adopción de animais.
5. Programación de festivais de música por xéneros: rock, indie, electrónica/techno, rap/hiphop e rock alternativo.
6. Festival de música con artistas emerxentes, grupos ou bandas (locais e galegas).
7. Voluntariado de coidado de atención aos animais, especialmente de cans e gatos.
8. Actividades de música e cultura tradicional galega: baile, pandeireta, foliadas abertas, etc.
9. Cursos de primeros auxilidios dirixidos á mocidade.
10. Programación de charlas divulgativas e actividades de apoio relacionadas coa saúde mental da mocidade.

Se queres consultar os resultados da votación preme no seguinte enlace:
Descargar resultado da votación

Compartir: