DEPORTES

Xornadas no Restollal para promover a práctica da ximnasia rítmica

18/12/2012

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o I Campus de Nadal Rítmica Compostela, que se celebrará durante as mañás dos días 26, 27 e 28 de decembro no pavillón do Restollal. Estas xornadas, organizadas polo Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela, pretenden promover a práctica deste deporte na cidade.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Uns 800 composteláns participaron na rodaxe do lip dub de Nadal

18/12/2012

Conta atrás para a estrea do lip dub do Nadal dos centros socioculturais, unha vez rematada a súa rodaxe. Nesta novidosa proposta, incluída no programa Vive o Nadal 2012, participaron activamente aproximadamente 800 veciños e veciñas de Santiago, entre eles o propio concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya.

Ler máis

FESTAS

Compostela xa loce o seu alumeado de Nadal

18/12/2012

Tal como anunciara o concelleiro de Festas, Francisco Noya, o acendido do alumeado de Nadal adiantouse tres días respecto do día inicialmente previsto, o 21 de decembro. Este ano, a iluminación navideña chega a máis rúas e prazas, e tamén ás parroquias do rural.

Ler máis

COMERCIO

Nace en Compostela o Mercado da Estrela

A imaxe do Mercado é un deseño de David Sierra.
12/12/2012

A primeira edición do Mercado da estrela celebrarase no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o sábado 15 e domingo 16 de decembro, en horario de 11:00 a 20:00 horas, aglutinando ocio, compras, cultura, solidariedade e novas tendencias. A feira navideña reunirá a artistas, emprendedores e artesáns novos e
consolidados para dar a coñecer as súas coleccións e que o seu talento se converta en agasallo de Nadal. Ilustración, moda, complementos, decoración, fotografía ou cosméticos, exhibiranse...

Ler máis
Compartir: