TURISMO

Turismo de Santiago presenta o primeiro turoperador local mixto de España

13/12/2005

‘Compostur’, turoperadora de tipo mixto pioneira no país, funciona desde o pasado mes de maio coma unha empresa mixta para a creación e comercialización dos produtos turísticos de Santiago e bisbarra. A súa presentación oficial no Hostal dos Reis Católicos, este mércores 14, marca tamén a entrada en funcionamento da súa central de reservas on-line, www.SantiagoReservas.com, e do seu primeiro catálogo para 2006.

Leer más

DEPORTES

A corporación municipal felicita ao Lobelle na Casa do Concello

12/12/2005

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto a unha representación da corporación municipal, recibiu na Casa do Concello á plantilla, o corpo técnico e a directiva do equipo do Lobelle para darlles a noraboa pola excepcional tempada que está a protagonizar.

Leer más

SANIDADE

Segunda sesión introdutoria ao coñecemento e a educación canina

07/12/2005

O sábado 17 de decembro terá lugar o segundo curso de formación destinado aos propietarios de mascotas que organiza a Concellaría de Sanidade. Nel impartiranse coñecementos e consellos para unha axeitada educación para as persoas que conviven con cans.

Inicialmente ofreceranse dúas sesións, o domingo 27 de novembro e o sábado 17 de decembro, en horario matutino de 10 a 13 horas, e impartiranse nas instalacións do Refuxio

Leer más

CIDADE

Compostela Patrimonio da Humanidade, 20 anos despois

05/12/2005

Ser unha realización artística única, exercer unha indudable influenza nun período da historia e nun ámbito cultural, desenrolando a arquitectura, a arte e a organización do espacio, e estar directa e profundamente asociada a acontecementos, ideas ou crenzas que teñen unha significación universal excepcional." Estes foron os principais valores que tivo en conta o Comité Intergubernamental para a Protección do Patrimonio Mundial Cultural e Natural da Organización das Nacións Unidas para a Educación,...

Leer más

PARQUES E XARDÍNS

Novos elementos de xogo para áreas infantís do municipio

05/12/2005

A proposta do concelleiro delegado de Parques e Xardíns, Bernardino Rama, relativa á aprobación dos orzamentos, prego e inicio do expediente de contratación do subministro e instalación de elementos de xogos infantís para diversas áreas de xogo de Santiago foi aprobada pola Xunta de Goberno local.

Leer más
Compartir: