DEPORTES

Compostela acolle as XXII Xornadas da Asociación Galega de Medicina do Deporte

26/10/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugurou as XXII Xornadas da Asociación Galega de Medicina do Deporte, que se celebran na Facultade de Medicina os días 26 e 27 de outubro. A continuación, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, interveu cun relatorio sobre "A evolución da implantación do deporte na sociedade moderna".

Estas Xornadas, organizadas pola Asociación Galega de Medicina do Deporte en colaboración coa Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, a Facultade de Medicina da USC e o Concello de Santiago, están dirixidas polo profesor J. Couceiro Follente. Os seus destinatarios son médicos e estudantes de medicina; diplomados e estudantes de enfermería e fisioterapia; licenciados en ciencias do deporte; adestradores e preparadores físicos.

O programa inclúe varias conferencias a cargo de especialistas da medicina e do deporte. Ademais, as Xornadas compleméntanse con diversos talleres e demostracións. Para a tarde está prevista a recepción aos participantes en Raxoi.

Documentos relacionados



Compartir: