ALCALDÍA

Blanca Marsillach leva ao Principal unha obra dirixida a persoas con discapacidade

17/09/2012 O Teatro Principal acollerá mañá martes, ás 11:30 horas, unha función do Programa interactivo de teatro para persoas con discapacidade, coa representación de Silencio...Vivimos, de Adolfo Marsillach. As funcións en Galicia desta obra están promovidas pola Deputación da Coruña.

O alcalde compostelán, presentou esta representación, acompañado pola concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, e pola actriz Blanca Marsillach. Ángel Currás indicou que é un "luxo" ter en Santiago unha obra dun "dos máis importantes actores e directores de teatro do país". Así, recordou a figura do dramaturgo para introducir unha representación na cal "o tema e á vida".

Precisamente, Blanca Marsillach definiu Silencio...Vivimos, como un "manual de instrucións para a vida". O obxectivo da obra, apuntou, é avanzar cara a meta da "integración", facendo neste aso partícipes ás persoas con discapacidade do feito teatral con total normalidade.

A esa "normalización" tamén se referiu a concelleira de Benestar Social, Paula Prado. O seu Departamento púxose en contacto coas diferentes entidades que traballan con colectivos con discapacidade a fin de que poidan asistirá representación. Xa hai máis de 120 asistentes confirmados.

A obra
A creación deste programa xorde da iniciativa de Blanca Marsillach por difundir os beneficios do teatro a un grupo específico: persoas con discapacidades físicas, sensoriais e intelectuais. A actriz considera que o teatro é unha ferramenta á hora de construír ou reconstruír a autoestima dunha persoa, formándoa en seguridade e autoconfianza.

Silencio…Vivimos toma o título da produción homónima que protagonizou Adolfo Marsillach a finais dos sesenta e, o contido, de case todas as series que creou: Silencio… se rueda, Silencio… estreamos e, loxicamente, Silencio…vivimos.

Estrutura
A representación ten unha singular estrutura. Xabi Olza, Natalia Martínez e Julián Teurlais comezan cunha pequena introdución sobre el autor e os personaxes da obra. Ademais, falan en primeira persoa das súas experiencias como seres humanos, cos seus medos, frustracións e inseguridades.

A continuación, os actores ofrecerán un pase da obra como si se tratase dun ensaio, íntimo e próximo, do seu traballo. O tempo estimado é de 35 minutos. Ao rematar as tres escenas representadas, o público será convidado a participar nunha escena e nun final que inclúe música contemporánea e explosións de confeti.

Compartir: