EMPREGO

O Concello organiza unha xornada de traballo para promover a dinamización do mercado local de emprego

10/05/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, abrirá a xornada de traballo Estratexias de colaboración público-privada para a dinamización do mercado do emprego no contexto local. O encontro celebrarase no Hostal dos Reis Católicos a partir das 10:00 horas.

O Concello puxo en marcha esta iniciativa con fin reunir a responsables de empresas de alto nivel e das Administracións para analizar diferentes estratexias de colaboración públicas e privadas para a dinamización do mercado do emprego. Así, un grupo reducido de responsables de expansión de empresas e representantes da Administración identificarán e formularán propostas de mellora para o desenvolvemento dunha política de atracción e promoción de investimentos, implantación de novas empresas e xeración de emprego no municipio de Santiago.

A xornada divídese en dúas partes. A primeira está dirixida a contextualizar os retos e oportunidades da cidade como espazo de inversión, cun relatorio do alcalde e outro de Leopoldo Yeste, xerente de IGAPEINVEST, sobre "Oportunidades de negocio en sectores de gran valor engadido". Na segunda parte organizaranse dous grupos focais nos que, empresas por un lado e administracións por outro, afondarán na detección de estratexias de colaboración público-privada para a captación de investimentos e a creación de emprego.

Documentos relacionados



Compartir: