SEMANA SANTA

Comeza a Semana Santa en Compostela

21/03/2005 Centos de persoas acompañaron a procesión do Domingo de Ramos, coa tradicional imaxe de Xesús sobre a "borriquita". Durante os vindeiros días, as rúas de Compostela acollerán perto dunha ducia de procesións.

Esta semana e a próxima, o casco vello de Santiago de Compostela será o escenario das procesións e actos relixiosos que ano tras ano organiza a Xunta de Confrarías da cidade e que estanse a convertir nun atractivo turístico máis.

A procesión da Borriquita, celebrada o domingo 19, a pesar da chuvia, deu continuidade aos actos relixiosos que comezaron o sábado 12 de marzo co Pregón. A seguinte procesión terá lugar o martes 22, e ata o próximo domingo 3 de abril seguirán a celebrarse as tradicionais procesións e actos relixiosos. Protección Civil terá conta de que as procesións transcurran sen ningún incidente.

Paralelamente aos actos relixiosos, estase a celebrar o IV Ciclo de Concertos de Música Antiga en diversas igrexas e conventos da nosa cidade.

Compartir: