EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN

Aprobado o regulamento do Consello Municipal de Migracións do Concello

06/02/2006 A Xunta de Goberno Local aprobou o borrador do regulamento do Consello Municipal de Migracións, que previsiblemente, comezará a funcionar en xuño deste ano, segundo explicou a concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez.

Segundo explicou a concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez, o seguinte paso para a aprobación do devandito regulamento é a aprobación por parte da Comisión de Área Social e do pleno municipal, tras o cal se abrirá un prazo para presentar alegacións. Por último, o regulamento volverá ao pleno para a súa ratificación definitiva.

Actualmente, en Santiago de Compostela viven arredor de 3.600 inmigrantes e uns 400 emigrantes retornados no último ano 2005, segundo datos da concellería de Emigración e Inmigración. ADemais, case 6.000 galegos residen no exterior. O futuro Consello Municipal de Migracións estará conformad polas diferentes asociacións de emigrantes e inmigrantes de Santiago.

Regúlez amosouse preocupada polo feito de que mozos composteláns con boa cualificacións que estean a emigrar para buscar traballo noutras comunidades autónomas. Este é unha das problemáticas á que tratará de dar resposta o Consello, un órgano que actuará dúas veces ao ano de forma ordinaria, e que se distribuirá o traballo en catro comisións, para poder atender mellor a problemáticas específicas.

Diferentes representantes de entidades e asociacións compostelanas formarán parte deste Consello: asociacións de inmigrantes inscritas no Rexistro Municipal, asociacións a prol dos inmigrantes, unha representación dos sindicatos, da universidade, da Cámara de Comercio, da Confederación de Empresarios, da Secretaría Xeral de Emigración, do Colexio Oficial de Avogados, e un técnico da Concellería de Emigración.

Compartir: