PARTICIPACIÓN CIDADÁ

A Concellería de Participación Cidadá edita a guía "Queres crear unha asociación?"

31/01/2011 A Concellería de Participación Cidadá acaba de editar a guía Queres crear unha asociación?. Dun xeito sinxelo e didáctico, indícanse todos os pasos básicos para por en marcha este tipo de entidades, dende a primeira reunión ata o seu rexistro ou a redacción de estatutos.

Esta guía xorde ante a demanda detectada pola Concellería de Participación Cidadá, segundo explicou a súa titular, Guadalupe Rodríguez. Así, foron moitos os veciños e veciñas que se dirixiron á Casa das Asociacións, de modo presencial ou telefónico, para preguntar os requisitos necesarios para crear unha asociación.

A guía recolle todos pasos básicos, adaptados ás diferentes lexislacións na materia e segundo o tipo de asociacións que se pretenda por en marcha. Calquera veciño ou veciña poderá recoller un exemplar da guía na Casa das Asociacións de Cornes, ou descargala dende o apartado específico da Concellería de Participación Cidadán nesta web municipal.

Documentos relacionados



Compartir: