SANIDADE

O Refuxio de Bando pon en marcha unha nova campaña de adopción de animais

10/01/2011 A Casa das Asociacións de Cornes acolleu a presentación dunha nova campaña de adopción de animais do Refuxio de Bando con imaxes de voluntarios que prestaron as súas fotografías desinteresadamente. O concelleiro de Sanidade, Andrés Fariña, apelou a colaboración da cidadanía, pois o Refuxio, mancomunado –nel participan os concellos de Oroso, Ames, Vedra, Brión e Teo- está nunha situación difícil, "cunha cantidade excesiva de animais", intentando "estirar ao máximo a ordenanza municipal" para evitar ter que eutanasialos.

Tanto Fariña como a directora do Refuxio, Paloma Aguirre, fixeron fincapé no feito de que este ano entraron 1.324 animais no Refuxio. Actualmente hai uns 600 animais residentes e é moi complicado "chegar aos habitantes" para axilizar as adopcións. Por outra banda, segundo os datos do Refuxio, só o 10% dos animais que entran levan microchip, un elemento esencial para poder identificar ao seu propietario e avisalo de que a súa mascota está perdida.

No empeño por diminuír o número de animais que nestes momentos desbordan o Refuxio é clave a implicación da sociedade e dos medios de comunicación que van a colaborar dende aquí ata finais de febreiro na campaña. Así mesmo, o concelleiro de Sanidade agradeceu a colaboración da empresa de transporte municipal, Tussa, que presta 5 liñas para anunciar a campaña con mupis.

Direcciones relacionadas



Compartir: