MOBILIDADE

O estacionamento de Xoán XXIII rexistrou dez mil vehículos máis nos primeiros sete meses do ano que en 2009

03/08/2010 O concelleiro de Mobilidade e Transportes, Carlos Nieves, fixo unha comparativa dos datos do primeiro semestre deste ano cos do Xacobeo 2004 e os do pasado ano dos estacionamentos de Xoán XIII e a súa dársena, e o de Belvís, todos eles xestionados por TUSSA.

A comparativa do primeiro semestre 2004/2010 suma un total de dez mil vehículos máis que aparcaron en Xoán XIII, vinteseis mil máis dos que aparcaron en 2009. A media de 2010 foi de 447 vehículos diarios.

En canto a Belvís, foron oito mil vehículos máis os que aparcaron no que vai de ano con respecto ao 2004, e catro mil máis que en 2009. Uns 172 vehículos aparcaron diariamente en Belvís.

A dársena de autobuses de Xoán XXIII dobrou o número de autobuses aparcados neste Ano Santo a respecto de 1009. Así, foron 11.718 os buses que aparcaron entre xaneiro e xullo deste ano, mentres que en 2009 fixérono 5.839.

O novo estacionamento de Salgueiriños rexistrou 950 vehículos aparcados desde a súa apertura o 24 de xullo, o 99% autobuses, mentres que o de Santa Marta rexistrou un cento.

Documentos relacionados



Compartir: