EMPREGO

Promoción Económica enviará o Boletín de ofertas de emprego por móbil

09/07/2010 O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a aplicación interactiva que permitirá descargar o Boletín de Ofertas de emprego Máiscompostela a través do teléfono móbil. Este sistema estará operativo do 15 de xullo ao 30 de setembro, coincidindo coas vacacións de verán, nas que só se publicará un boletín semanal, o dos martes (durante o resto do ano publícase todos os martes e xoves).

A iniciativa ten como obxectivo facilitar a procura de emprego ás persoas interesadas, en calquera momento e en calquera lugar, durante as durante as 24 horas do día, a través dunha ferramenta de comunicación que cada vez se usa máis: o teléfono móbil. Permitirá, a través da plataforma MobiGuías, a xeración automática da versión java (j2me) instalada en máis do 95% de teminais; e unha versión web para Iphone e Android. A estrutura deste aplicativo basearase na versión en papel do Boletín, pero coa posibilidade de que ás persoas usuarias poidan chamar directamente aos números de teléfono incluidos no boletín, con solo calcar enriba deles.

O sistema, a través do que se pode acceder directamente a cerca de 200 ofertas de emprego (todas as públicadas no boletín envíado), está pensado para que poida ser utilizado por unhas cinco mil persoas á vez. MobiGuía conta con tres sistemas de distribución (popup web, número longo e BIDI) que permitirán descargala en máis de mil modelos de terminais (móbiles, pda, blackberry, iphone, etc.). A partires de que se descarga o aplicativo, os datos de contacto quedan rexistrados para o envío, automático, dos boletíns de ofertas de emprego que se publicarán ata o 30 de setembro. O funcionamento é o seguinte:

·Popup web. Insertarase un link en www.maiscompostela.org, no banner dende o que se descarga o boletín de ofertas de emprego. Cando se calque sobre él, abrirase unha popup na que a persoa usuaria introduce o seu número de móbil. Inmediatamente recibe no móbil o SMS co enlace de descarga do aplicativo.

·Número longo. O servizo inclúe un número longo, ao que as persoas interesadas poden envíar un SMS cun custo de 0,15 céntimos de euro. Reenvíaselle unha resposta co SMS de enlace ao aplicativo.

·Código BIDI ou QR: a plataforma MobiGuías xera, de xeito automático para cada boletín, unha imaxe similar a un código de barras, que será insertada na versión papel, e que, ao ser escaneada coa cámara do móbil, permite a súa descarga automática.

Documentos relacionados



Compartir: