CONSUMO

O Concello edita unha guía de servizos financeiros

15/03/2005 Unha nova guía editada pola Oficina Municipal de Atención ao Consumidor (OMIC) orientará ao cidadáns sobre as características dos servizos máis comúns e as normas ás que teñen que aterse as entidades financeiras.

Editada pola OMIC, en colaboración coa Unión de Consumidores de Galicia e co Instituto Galego de Consumo, máis de 10.000 exemplares desta guía serán repartidos a través da rede muncipal de centros socioculturais, asociacións de veciños e outras entidades, segundo indicou en rolda de prensa o martes 15 de abril a concelleira de Consumo, Elvira Cienfuegos.

Cun contido sinxelo e accesible para os cidadáns, a guía, de pequeno formato e en forma de tríptico, expón recomendacións sobre o uso de tarxetas e libretas, a aplicación das distintas comisións e o xeito de presentar reclamacións.

O cidadán interesado en contar cunha destas guías pode achegarse ás oficinas da OMIC (rúa Presidente Salvador Allenda, nº 7, baixo).

Documentos relacionados



Compartir: