CIRCULACIÓN VIARIA E INFRAESTRUTURAS

Cortes nas rúas Santiago León de Caracas e San Pedro de Mezonzo polas obras do Hórreo

09/01/2010 As obras do túnel do Hórreo obrigarán a pechar ao tráfico as rúas Santiago León de Caracas e San Pedro de Mezonzo en dous períodos deste mes de xaneiro e parte de febreiro

A partir do martes 12 de xaneiro e ata o 30 de xaneiro, permanecerá cortada ao tráfico a rúa Santiago León de Caracas. Unicamente se permitirá o acceso a residentes, ambulancias e vehículos para carga e descarga.

Por outra parte, o último tramo da rúa San Pedro de Mezonzo permanecerá pechado ao tráfico entre o luns 25 de xaneiro e o sábado 13 de febreiro. Tamén neste caso só se permitirá o acceso, dende a rúa da Rosa, a residentes, ambulancias e vehículos para carga e descarga.

Todas as modificacións estarán debidamente sinalizadas e atendidas polos efectivos da Policía Local. O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

Compartir: