PLENO MUNICIPAL

O pleno aprobará as ordenanzas fiscais e prezos públicos para o 2006

27/10/2005 O proxecto de Ordenanzas Fiscais para o vindeiro ano, acordado na Xunta de Goberno extraordinaria celebrada o 20 de outubro, e que será aprobado inicialmente no Pleno municipal do xoves 27 de outubro.

A partir do 1 de xaneiro de 2006 aplicarase o Índice de Prezos ao Consumo (IPC) a tódalas tarifas susceptibles de ser actualizadas anualmente e así "non perder capacidade recaudatoria". Esta medida afecta a ordenanzas nas que se regula o imposto sobre vehículos de tracción mecánica, as taxas correspondentes á expedición de documentos administrativos, á licencia de autotaxi, ao servizo de extinción de incendios, ao cemiterio municipal, ás casetas e postos de venda así como a espectáculos e atraccións de rúa, entre outras.

Tamén foron susceptíbeis de reforma as ordenanzas referidas ás taxas polo estacionamento, retirada e recollida de vehículos de tracción mecánica nas rúas, e as esixidas polo saneamento e depuración de augas residuais, así como pola subministración de auga e conservación de contadores.

O incremento das tarifas farase de acordo ao IPC do período setembro 2004-setembro 2005, no que foi do 3.7%

Compartir: