BENESTAR SOCIAL

A concelleira de Benestar Social inaugura un curso destinado a coidadores de persoas con alzheimer

05/05/2009 Mar Martín, concelleira de Benestar Social e Muller, inaugura o martes 5 de maio, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas o curso Enfermidade de alzheimer, abordaxe multidisciplinar para coidadores, organizado por AGADEA (Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer) e no que colabora o Concello de Santiago.

Esta asociación comeza neste ano o seu programa de formación levando a cabo este mes de maio o curso Enfermidade de Alzheimer, abordaxe multidisciplinar para coidadores, que contará coa participación do neurólogo Alfredo Robles e coa fiscal da área de Santiago de Compostela, Aranzazu San José, ademais dos profesionais que traballan habitualmente con AGADEA.

O curso ten como obxectivo formar e informar as persoas que asumen a responsabilidade de coidar un afectado cunha demencia dotándoas dos recursos precisos para artellar as respostas axeitadas. O contido distribúese en 8 módulos baixo os seguintes epígrafes:
- Módulo 1: Demencia e enfermidade de Alzheimer. Concepto, evolución e tratamento
farmacolóxico.
- Módulo 2: Organización e planificación da vida diaria
- Módulo 3: A familia diante da enfermidade de Alzheimer. Estratexias de enfrontamento
- Módulo 4: Terapias non farmacolóxicas e comunicación na enfermidade de Alzheimer
- Módulo 5: Coidados de Enfermería na enfermidade de Alzheimer
- Módulo 6: Fisioterapia en enfermos de Alzheimer e outras demencias
- Módulo 7: Cuestións legais a ter en conta diante da demencia
- Módulo 8: Recursos sociais. Programas de AGADEA

O curso desenvolverase os días 5,6,8,19,26 e 27 de maio, no Centro Sociocultural de Fontiñas en horario de 20:00 a 21:45 horas, e terá unha duración de 16 horas.

Máis información:
AGADEA
Salgueiriños de Abaixo nº 15
Telf./Fax: 981 59 57 38
Santiago de Compostela
agadea@agadea.org

Documentos relacionados



Compartir: