CENTROS SOCIOCULTURAIS
Xan Duro explicou que a programación para o novo curso "consolida propostas que veñen tendo boa acollida por parte dos e das usuarias dos centros socioculturais, sempre coa máxima de fomentar a vida comunitaria e a participación social a través das actividades de tempo libre". O concelleiro de CSC incidiu na "diversidade das propostas que oferta a Rede" con actividades "para públicos moi diferentes" e con achegas que proveñen ademais do propio Departamento de CSC, "doutras concellerías e das entidades culturais, veciñais e sociais". Así, haberá actividades específicas para nenos e nenas, entre elas as aulas de xogo; propostas para a mocidade, con temáticas que son do seu interese como robótica ou danzas urbanas; e tamén será moi intensa a programación para o público adulto, incidindo especialmente no fomento da vida saudable, tanto do punto de vista físico como mental.
Teatro, movemento e baile
Dentro da programación presentada, o concelleiro salientou a celebración do segundo curso do proxecto de 'Teatro de barrio', conducido por Talia Teatro, que dinamizarán un total de 17 grupos, 9 deles de persoas adultas, e 8 infantís. Tamén "se dará continuidade aos espazos de envellecemento activo con actividades para personas maiores de 60 anos mantendo os encontros, saídas culturais, visitas e encontros con outros grupos de maiores", así como á oferta de actividades que estimulan a vida saúdable "a través do movemento en distintos barrios e parroquias con 35 grupos de movemento e baile", detalou o edil.
Competencias dixitais
Ademais, teñen unha forte presenza na programación as actividades pensadas para achegar as novas tecnoloxías ao público adulto, con aulas e monográficos sobre cuestións específicas como o manexo da administración electrónica (dni electrónico ou trámites telemáticos), a utilización básica do Smartphone, ou iniciación ao deseño con Canva. Outra das novidades para este novo curso será o Espazo Maker, dirixido a maiores de 16 anos, que ofrecerá actividades os vernes e sábados na Casa das Asociacions de Cornes.
Durante este curso a Rede de CSC tamén continuará a ofrecer "propostas estrela" como os clubs de lectura, xadrez, as actividades de estimulación da creatividade, así como as propostas propias das aulas de xogo e dos espazos de lectura da Biblioteca pública José Saramago. Súmanse neste trimestre as actuacións musicais que terán lugar nos espazos abertos dos CSC no marco de ciclo Terrazeamos +, nove espectáculos diversos da programación da Rede Cultural da Deputación, actuacións no marco do festival Agustín Magán e seis representacións da Federación galega de teatro afeccioado (Fegatea).
Procedemento e prazos de inscrición
O prazo de preinscrición nas actividades regulares da rede de Centros Socioculturais estará aberto do 3 ao 13 de setembro. O trámite pode realizarse vía online, cubrindo o formulario correspondente na sede electrónica do Concello, ou de maneira presencial nos proipios centros socioculturais. No caso dos centros do rural, e para facilitar a preinscrición, as persoas interesadas nas actividades tamén poderán apuntarse na Casa das Asociacións de Cornes, ou enviando un correo electrónico á dirección ccpreinscricions@santiagodecompostela.gal, se ben esta comunicación non exime da obriga de presentar dentro do prazo o formulario correspondente de maneira presencial ou telemática.
As listas de persoas admitidas coñeceráse o 18 de setembro, e de haber máis demanda que oferta realizarase un sorteo público en cada centro sociocultural o día 20 de setembro. Estas datas poderían sufrir variacións no caso dalgúns centros. Unha vez confirmada a admisión na actividade, realizarase o pagamento por vía electrónica.
A Rede de Centros Socioculturais oferta 10.400 prazas nas actividades para o curso 2024-2025
27/08/2024 Os Centros Socioculturais acollerán no próximo curso preto de 700 actividades distintas, das que 404 son organizadas polo propio departamento municipal. O prazo para inscribirse nelas estará aberto do 3 ao 13 de setembro. Explicouno o concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, que hoxe presentou a programación dos CSCs para o vindeiro curso, nunha rolda de prensa na que tamén participou a técnica responsable de programación da rede, Lourdes de la Cruz.
As 695 actividades que se van desenvolver nos 42 centros socioculturais de Santiago no próximo curso suman máis de 10.400 prazas dispoñibles, tanto para público infantil como para público adulto. Desas actividades, 404 son organizadas pola propia Concellaría, e a maioría delas, 231, son actividades municipais de balde. As 291 actividades restantes son impulsadas por diferentes entidades coas que colabora o Departamento de Centros Socioculturais e desenvolveranse nos espazos da rede.Xan Duro explicou que a programación para o novo curso "consolida propostas que veñen tendo boa acollida por parte dos e das usuarias dos centros socioculturais, sempre coa máxima de fomentar a vida comunitaria e a participación social a través das actividades de tempo libre". O concelleiro de CSC incidiu na "diversidade das propostas que oferta a Rede" con actividades "para públicos moi diferentes" e con achegas que proveñen ademais do propio Departamento de CSC, "doutras concellerías e das entidades culturais, veciñais e sociais". Así, haberá actividades específicas para nenos e nenas, entre elas as aulas de xogo; propostas para a mocidade, con temáticas que son do seu interese como robótica ou danzas urbanas; e tamén será moi intensa a programación para o público adulto, incidindo especialmente no fomento da vida saudable, tanto do punto de vista físico como mental.