EDUCACIÓN

Procedemento de admisión para o curso 2021-2022 nas escolas infantís municipais das Fontiñas, Conxo e Meixonfrío-Salgueiriños

04/03/2021 A Xunta de Goberno Local do 22 de febreiro do 2021 aprobou o calendario de prazos de solicitude de ingreso nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Salgueiriños-Meixonfrío. Os impresos e a documentación de solicitude de praza deben presentarse entre o 16 de marzo e o 16 de abril.

As solicitudes podenrán descargarse nesta web municipal. Tamén, podenrán solicitarse por correo electrónico a calquera das tres escolas infantís ou recollerse nas propias escolas infantís.

Cómpre lembrar que, xunto co impreso de solicitude, os/as representantes legais do neno/a deben achegar a documentación que se detalla na mesma.

Os impresos de solicitude e a documentación poden presentarse por rexistro, de forma telemática, seguindo as instrucións contidas neste enlace.

Tamén poden entregarse de forma presencial no Rexistro do Concello de Santiago, pedindo previamente cita no teléfono 881505107.

Aquelas persoas que solicitasen prazas para este curso e figuren en situación de agarda deben facer de novo a solicitude de admisión.

Para consultas:

o E.I.M DE CONXO: 981528702 eimdeconxo@yahoo.com

o E.I.M DAS FONTIÑAS 981528703 eimdasfontinas@yahoo.com

o E.I.M DE MEIXONFRIO SALGUEIRIÑOS 981528707 eimdemeixonfrio@yahoo.com

Compartir: