IGUALDADE

Últimas semanas para participar na edición 2019 do Premio de Ensaio e Creación Audiovisual "Xohana Torres"

10/12/2019 O vindeiro 31 de decembro remata o prazo para presentar traballos á convocatoria 2019 do Premio de Ensaio e Creación Audiovisual Xohana Torres. Pode concorrer calquera persoa física ou agrupacións de persoas sen personalidade xurídica e os traballos deben tratar da participación social e política das mulleres e ter como obxectivo reconstruír a súa memoria histórica. Poden ser ensaios literarios ou científicos, mais tamén pezas audiovisuais sobre as mulleres galegas.

Premiaranse dous traballos, un na modalidade de ensaio e outro na modalidade de creación audiovisual. Cada un estará dotado con 2.500 €, que cubrirán os dereitos de edición das obras por parte do Servizo de Publicacións da USC.

O Premio Xohana Torres recuperouse en 2016 tras varios anos sen convocarse e co obxectivo de recuperar a memoria histórica das mulleres de Compostela. Foi instituído no ano 1993 e, tras 17 edicións, decidiuse abrir o premio ao ensaio, tanto literario como científico.

Direcciones relacionadas



Compartir: