XUVENTUDE

A Concellería de Xuventude organiza novas actividades de verán para os mozos e mozas de Compostela

21/05/2014 A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, presentou o programa Verán Activo 2014, que recolle un amplo abano de actividades para que os rapaces da cidade poidan gozar do seu tempo de lecer dunha maneria lúdica e divertida.

Trátase dunha completa oferta para o tempo libre e de lecer que pretende dar resposta aos intereses da xente nova ademais de cumplir con dous obxectivos básicos: fomentar a práctica deportiva e constituír unha alternativa de ocio construtivo.

As actividades celebraranse no mes de xullo e están dirixidos aos mozas e mozas de entre 14 a 30 anos que estean empadroados en Santiago de Compostela. No caso de quedar prazas dispoñibles atenderanse outras solicitudes.

A primeira das actividades que propón o programa é o English Adventure Camp, un campamento de inglés que se realizará do 13 ao 20 de xullo no albergue de Quiroga (Ribeira Sacra), destinado a rapaces de 14 a 18 anos e que terá un custo de 120 euros por persoa. Neste campamento os rapaces participantes desfrutarán de actividades deportivas como kaiak, rapel, senderismo…, actividades acuáticas que incluirá unha viaxe en catamarán, o Aqua Jumpl ou piscinas e ao mesmo tempo disfrutarán de actividades en inglés que incluirán xogos, coloquios e dramatizacións de situacións da vida real nese idioma.

Outra das actividades que se oferta é de iniciación á vela. Tres días de navegación polas Rías da Coruña, de Ferrol, Ares e Betanzos destinados a rapaces de 16 a 25 anos que experimentarán a experiencia de vivir e convivir durante os días 21, 22 e 23 de xullo a bordo destas embarcación. Para o último día realizarase unha regata entre os veleiros, un fondeo e unha barbacoa con todo o pescado durante estas tres xornadas. O prezo por persoa é de 89 euros.

Para o 29 de xullo está programada unha xornada Multiaventura, con actividades como rafting, tiro con arco, tirolina, mini paintball e escalada. O prezo por participante é de 10 euros e inclúe o xantar. Esta xornada celebrarase en Carcacía e está dirixida a mozos e mozas de 14 a 30 anos.

Ademais este programa inclue outras dúas actividades. A primeira dela é un taller de cócteles sen alcohol que se celebrará no Centro Sociocultural do Ensanche o vindeiro 17 de xullo para os mozos e mozas maiores de 16 anos. Esta actividades terá un custo de 10 euros.

A segunda é un taller de realización de álbums fotográficos coa técnica do scrapbooking. Trátase de confeccionar un álbum fotográfico no que plasmar de forma orixinal e creativa os recordos de cada un dos participantes, utilizando a técnica do scrapbooking empregando selos, papeis, telas, etc. Esta actividade tamén se desenvolverá no Centro Sociocultural do Ensanche para os maiores de 14 anos e non terá custo ningún. Celebraráse os días 22 e 23 de xullo.

Para poder participar nesta actividades formativas é necesaria unha inscrición previa a realizar no Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural do Ensanche ou no Rexistro Xeral do Concello de Santiago. Ábrese o prazo o vindeiro luns 26 de maio ata o 27 de xuño en horario de 9 a 14 horas.

Compartir: