EMPREGO

Santiago tivo en marzo 771 parados menos que hai un ano

03/04/2014 O número de persoas paradas en marzo foi de 9.005, fronte ás 9.776 que houbo en marzo do 2013 e as 9.360 de marzo de 2012. En marzo houbo un descenso de 227 persoas rexistradas no paro respecto de febreiro, o mellor dato neste mes dende polo menos o ano 2006.

O pasado mes de marzo supuxo un novo impulso na reducción do número de persoas rexistradas no paro en Santiago. Houbo un descenso de 227 persoas apuntadas no paro respecto do mes de febreiro, un 2,46% menos. Trátase dos mellores datos neste mes dende polo menos o ano 2006. Trátase ademáis duns datos especialmente significativos en tanto que neste ano a Semana Santa, que acostuma ser un elemento dinamizador das contratacións polo sector turístico, celebrarase en abril e non en marzo.

Os datos de marzo profundizan o descenso interanual no número de persoas rexistradas no paro na cidade, que se produxo por primeira vez no pasado mes de xullo logo de que este indicador medrase na cidade durante 63 meses seguidos, dende abril do 2008. No mes de marzo deste ano houbo 9.005 persoas rexistradas no paro na cidade, o que representa un 7,89% menos que as 9.776 de marzo do ano 2013. O dato deste marzo é incluso inferior que o de marzo do 2012, cando houbo 9.360 persoas rexistradas no paro. Este feito xa sucedeu no pasado mes de febreiro, cando houbo non só menos persoas rexistradas no paro que en febreiro do 2013, senón tamén que en febreiro do 2012.

Os datos de marzo, como xa ven sucedendo nos meses precedentes, apuntan tamén a que Santiago está vivindo unha evolución das persoas rexistradas no paro mellor tanto á de Galicia como á de España. Mentras que na cidade o descenso respecto ao mes de febreiro foi do 2,46%, en Galicia o descenso foi do 1,29% e en España foi do 0,35%. En termos interanuais, Santiago tivo en marzo un descenso do 7,89% respecto de marzo do 2013, mentras que en Galicia o descenso é do 5,06% e no conxunto de España do 4,75 %.

Os datos de marzo confirman a que a cidade está xa nun cambio de tendencia na evolución do paro na cidade, xa que dende marzo do 2013 mes tras mes compróbase que hai unha evolución positiva respecto dos anos precedentes. De feito, na cidade hai menos persoas rexistradas no paro non só que no ano pasado, senón tamén que no 2012.

Sen embargo, como se leva facendo dende que os datos comezaron a ser positivos hai un ano, dende o Concello de Santiago quere facerse unha lectura prudente dos resultados, posto que hai un número importante de composteláns que continúan pasando por situacións difíciles.

Documentos relacionados



Compartir: