TURISMO

O concurso turístico "Desexo concedido" xa ten os seus 20 gañadores

26/12/2013 A concelleira de Turismo, Reyes Leis, e a xerente de Turismo de Santiago, Maruxa Ledo, presentaron os gañadores do concurso Desexo concedido, que formou parte da campaña promocional de inverno de Turismo de Santiago de Compostela.

Entre o 10 e o 19 de decembro, a campaña de medios Santiago de Compostela, desexo concedido amosou á capital galega como a cidade hospitalaria onde os viaxeiros poden alcanzar todo o que imaxinan: excelentes aloxamentos, gastronomía exquisita, beleza monumental, paisaxe preservada, descanso, paz e emocións. Ademais dos anuncios de branding de destino en medios nacionais impresos, diarios online e portais de viaxe, Desexo concedido contou cunha intensa promoción en redes sociais, onde tivo lugar o concurso.

O concurso estaba dirixido a en visitantes potenciais de fin de semana e short-break basicamente no mercado español; pero por viralidade, a través dos seguidores de Facebook e Twitter, alcanzou tamén a outros países. Participaron 304 concursantes de Galicia, España, Europa e América Latina.

Os 20 gañadores
O concurso partía dunha sinxela pregunta en Facebook e Twitter: "Santiago de Compostela, cal é o teu desexo?". O xurado, composto polos técnicos de Turismo de Santiago, escolleu os 10 posts de Facebook e os 10 tweets de Twitter que amosaban mellor calidade, enxeño e empatía co destino.

Os gañadores resultaron, por orde de puntuación:

En Facebook:

Jose Angel, de Madrid.
Luisa Rojo, de Lugo.
Claudia Pfeifer, de Monte Castro, DF, Arxentina.
Francisco Javier Alameda, de Villaviciosa de Odón, Madrid.
Belen Baamonde Gómez, de Lugo.
Fernando Orozco, de Madrid.
Nuria Álvarez Martín, de Motril, Granada.
Francisco Sacristán Romero, de Madrid.
Lucía Galicia.
Blas Sánchez García, de Torrijos, Toledo.

En Twitter:

Rod Sánchez, de Rio de Janeiro, Brasil.
Jordi Domènech, de Barcelona.
Takeo Vicent Quijano.
Ana Belén Paz Garcia, de Santiago de Compostela.
Eco Literario.
Joana(@pleyadian76).
Carlos Justes, de Alcañiz, Teruel.
Patricia Regueira, de Oporto, Portugal.
Inma Gregorio, de Ribadeo.
Dana (@RqRbyDana).

Os 20 gañadores recibirán cada un un premio valorado en 300 euros con dúas noites de aloxamento na cidade, cea degustación, cata de viño e tapeo, visitas aos tellados da Catedral e visita guiada en mp3. É un pack turístico da Central de Reservas pensado para fin de semana ou estancias curtas, que os gañadores poden completar mercando máis servizos turísticos, segundo queiran alongar a súa estancia ou vir con outras persoas. As estancias son válidas entre o 15 de xaneiro e o 15 de xuño.

A concelleira Reyes Leis afirmou que o concurso e a campaña alcanzaron os obxectivos de promocionar a cidade durante a temporada de baixa ocupación, asociar a viaxe a Santiago de Compostela co concepto do desexo cumprido, crear unha experiencia individualizada de colaboración coa cidade, a través da creatividade e o entusiasmo; aumentar o número de fans e seguidores de Turismo de Santiago nas redes sociais e fidelizalos para novas accións en 2014. Neste sentido, Reyes Leis amosou a súa satisfacción por ver incrementada a cifra de seguidores en Facebook e Twitter en preto de 1.500 novos usuarios.

"Estes novos amigos de Turismo de Santiago cumpren desde xa un papel de difusores da imaxe da cidade nas súas cidades e países. Todos os días recibimos a máis seguidores nas redes sociais grazas a un efecto de ‘viralidade’ que redundará na conexión dos futuros viaxeiros cun destino que lles da a oportunidade de interaccionar e cumprir cos seus desexos", sinalou Maruxa Ledo.

Documentos relacionados



Compartir: