Miércoles 23 de junio 2010

Axenda

Exposición de Nuria Ruibal na Zona C

A Zona C acolle unha exposición de Nuria Ruibal baixo o título Entre a razón e a pel.

Do 17 de xuño ao 12 de setembro, na Zona C.

Axenda

Mostra sobre a indumentaria tradicional na Casa das Asociacións

A Casa das Asociacións acolle a exposición "A indumentaria tradicional galega. O traxe de Muros". A mostra é obra da Agrupación Folclórica Ximiela, coa colaboración da Deputación da Coruña. Consta de nove traxes rexionais, sete de muller e dous de home, en manequíns, representando a indumentaria tradicional das distintas comarcas galegas. Ademais, exhíbese unha colección de roupas, traxes infantís, adornos, xoiería e unha ampla colección de bonecas.

Todos os traxes foron confeccionados pola Agrupación Folclórica Ximiela, de Louro (Muros). Esta asociación naceu hai dez anos coa intención de ocupar o ocio infantil na parroquia con clases de baile, instrumentación e canto, formando un grupo folclórico. O traxes iniciais dos grupos de baile e gaita eran correntes, e entón propuxéronse confeccionar elos mesmos unha indumentaria luxosa, partindo do afamado que era tradicionalmente o traxe de Muros. Agora exhiben unha pequena mostra, pois teñen preto de cen traxes para todos os seus bailaríns e músicos.

Esta exposición comezou a súa andaina en Muros, o verán de 2009. Dende entón percorreu as salas de exposicións dos concellos de Outes, Mazaricos, Negreira, Ames, Carnota, Cee, Ribeira, Santa Comba, Boiro, Cerceda e Oroso. Tamén representou á Deputación nun programa de intercambio cultural coa cidade portuguesa de Viana, permanecendo exposta un mes no Museo Nacional do Traxe de Portugal. En setembro levarase ao Parlamento Europeo. A Concellería agasallará ás asociacións con exemplares do catálogo desta exposición.

Do 22 de xuño ao 30 de xullo, na Casa das Asociacións.

Axenda

Xogos e contos

O CSC das Fontiñas organiza, cada mércores, unha actividade de xogos e contos, destinada a menores de 5 anos.

O mércores 23 de xuño, ás 17:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Velada no Casino coa Escola Estudio

O alumnado da Escola de Música Estudio ofrece un concerto no Casino, dentro da programación que conmemora na cidade o Día Europeo da Música.

O mércores 23 de xuño, ás 17:00 horas, no Casino.

Axenda

Conferencia de Marina Mayoral no CSC de Vite

No marco do programa Letras Vivas, conferencia de Marina Mayora sobre Como vive, nace e morre un personaxe novelesco.

O mércores 23 de xuño, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural de Vite.

Axenda

Contos para xogar con Teatro Patán

Teatro Patán leva o seu Palabra de chapeu. Contos para xogar ao CSC de Conxo, no marco do programa Letras Vivas.

O mércores 23 de xuño, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural de Conxo.

Compartir: