Obrigados a partir do 15 de xaneiro de 2015 (*)
As seguintes persoas xurídicas provedoras de bens e servizos ao Concello de Santiago de Compostela:
- Sociedades anónimas
- Sociedades de responsabilidade limitada
- Unións temporais de empresas
estarán obrigadas a partir da data que se indica ao uso da factura electrónica e á súa presentación a través do Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas da Administración Xeral do Estado (FACe), polo tanto a partir do 15 de xaneiro do 2015 o Concello procesará e tramitará as facturas presentadas a través da plataforma FACe.
Aviso: Será obrigatorio presentar todas as facturas en formato electrónico, con independencia do seu importe.
Accedendo ao enderezo: https://face.gob.es/, apartado "consulte o directorio de unidades", poderá identificar os distintos niveis da organización municipal a onde deben dirixir as facturas (Oficina contable, Órgano xestor e Unidade tramitadora). O enlace indicado proporciona a información necesaria para a remisión e consulta das facturas presentadas, así como temas de axuda para solución de incidencias.
(*) Art. 4 e disposición final 8ª da Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no Sector Público.
Non obrigados
As persoas físicas e entidades non relacionadas no apartado anterior poderán de maneira voluntaria facturar electronicamente de acordo co procedemento descrito. No caso de que optasen por continuar presentando as súas facturas en papel, a partir do 15 de xaneiro do 2015 deberán indicar na parte superior dereita da factura o código da unidade tramitadora á que a dirixan. A dita mención substituirá o código de centro xestor (grupo de apuntamentos) que ata agora se vén empregando.
Oficina Contable | Órgano Xestor | Unidade Tramitadora |
GE0001959 INTERVENCIÓN MUNICIPAL | GE0001796 ALCALDÍA | GE0001959 INTERVENCIÓN MUNICIPAL |
GE0001959 INTERVENCIÓN MUNICIPAL | GE0001798 ÁREA DE CULTURA E PATRIMONIO | GE0001959 INTERVENCIÓN MUNICIPAL |
GE0001959 INTERVENCIÓN MUNICIPAL | GE0001799 ÁREA DE DESENVOLVEMENTO URBANO E SOSTIBLE | GE0001959 INTERVENCIÓN MUNICIPAL |
GE0001959 INTERVENCIÓN MUNICIPAL | GE0001801 ÁREA DE ECONOMÍA | GE0001959 INTERVENCIÓN MUNICIPAL |
GE0001959 INTERVENCIÓN MUNICIPAL | GE0001797 ÁREA DE FACENDA | GE0001959 INTERVENCIÓN MUNICIPAL |
GE0001959 INTERVENCIÓN MUNICIPAL | GE0001803 ÁREA DE RELACIÓNS VECIÑAIS | GE0001959 INTERVENCIÓN MUNICIPAL |
GE0001959 INTERVENCIÓN MUNICIPAL | GE0001802 ÁREA DE RÉXIME INTERIOR E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA | GE0001959 INTERVENCIÓN MUNICIPAL |
GE0001959 INTERVENCIÓN MUNICIPAL | GE0001800 ÁREA DE SEGURIDADE E MOBILIDADE | GE0001959 INTERVENCIÓN MUNICIPAL |
GE0001959 INTERVENCIÓN MUNICIPAL | GE0001795 ÁREA DE SERVIZOS SOCIAIS | GE0001959 INTERVENCIÓN MUNICIPAL |
LA0004931 AUDITORIO DE GALICIA | LA0004931 AUDITORIO DE GALICIA | LA0004931 AUDITORIO DE GALICIA |