Alta e cambio de domicilio no padrón municipal de habitantes
Descrición
O trámite de alta no Padrón de habitantes consiste na inscrición dunha persoa nel cando procede doutro municipio ou non figura empadroado en ningún.O cambio de domicilio procede cando se modifica o enderezo dentro do termo municipal de Santiago.
Toda persoa que resida habitualmente en Santiago está obrigada a inscribirse no Padrón.
Solicítase en
Padrón Municipal de HabitantesEnderezo: Baixos de Raxoi (entrada pola avda. de Raxoi)
Tel.: 981 542 318 // Correo: padronmh@santiagodecompostela.gal
Horario: de luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas. (Horario de verán de 9:00 a 13:00)
A atención presencial realizarase sen cita previa e unicamente será necesario solicitar número ou quenda na máquina dispensadora de citas (situada na entrada da oficina).
Preséntase en
Tramítase en

Formularios
- Alta e cambio de domicilio no padrón municipal 216,96 KB PDF
- Autorización para empadronarse en vivenda allea 145,52 KB PDF
- Anexo I. Declaración responsable sobre o menor sen consentimento 126,18 KB PDF
- Anexo II Declaración responsable sobre o menor con consentimento 99,75 KB PDF
- Autorización para a xestión de altas ou cambios de enderzo no padrón municipal 519,49 KB PDF