Presentación

O Plan de acción polo clima e a enerxía sustentable (PACES) de Santiago de Compostela facémolo entre tod@s
O PACES é un documento no que os gobernos locais de toda Europa expoñen a súa estratexia de redución de emisións de CO2, así como as súas ideas para adaptarse ao cambio climático e camiñar cara unha maior eficiencia enerxética. A veciñanza de Santiago de Compostela non só pode, senón que debe participar do proceso de elaboración do PACES!
Se queres informarte mellor sobre o pacto e coñecer iniciativas inspiradoras para traer a Santiago de Compostela, podes facelo aquí.

Como podes participar?

1. En primeiro lugar, podes achegarnos datos de consumo, que nos serán moi útiles para elaborar o inventario de emisións de referencia a partir do cal se establecen os compromisos de redución de emisións de CO2 no concello. Coñecer os datos de consumo eléctrico e de combustibles fósiles dos fogares, dos comercios, bares, industrias ou explotacións agrogandeiras do municipio vennos moi ben para ter unha visión ampla e o máis achegada á realidade posible. Por iso, agradecémosche que cubras a seguinte enquisa sobre consumos enerxéticos.
2. Tamén podes participar achegándonos as túas propostas, tanto para a redacción de medidas de mitigación como de adaptación ao cambio climático. Para iso ofrecémosche dúas posibilidades: podes enviarnos directamente un documento ou e-mail a medioambiente@santiagodecompostela.gal ou ben podes seguir os pasos dos formularios que seguen.
3. Finalmente, encantaríanos que participases con fotografías, vídeos ou textos que traten sobre a importancia de facer fronte a un dos maiores desafíos que temos por diante como sociedade: o CAMBIO CLIMÁTICO.



Compartir: