Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 30 de xuño

12.00 h (NOTA: farase un alto no pleno para o desenvolvemento deste acto).
No Salón Vermello, lectura do fallo do xurado do premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados.

10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do día 31 de maio do corrente ano.
2.- Aprobación dos expedientes de crédito extraordinario 2021-CREXT-04 e de suplemento de crédito 2021-SUPLE-03.
3.- Aprobación do expediente de crédito extraordinario 2021-CREXT-05, financiado co remanente líquido de tesourería para gastos xerais do concello do exercicio 2020, e o recoñecemento extraxudicial de créditos para aprobar unha parte dos gastos rexistrados na conta 413.
4.- Aprobación de expediente de modificación de crédito mediante crédito extraordinario 2021-CREXT-06 por importe 48.000,00 euros, de suplemento de crédito 2021-SUPLE-04 por importe 31.000,00 euros, financiados con baixas por anulación, e de modificación dalgunhas subvencións nominativas do servizo municipal de deportes que se ven afectadas polas modificacións de crédito propostas.
5.- Proposta da concelleira delegada de economía e facenda de declarar non dispoñibles os créditos incluídos na aplicación 060/33800/2269900 para o exercicio de 2021.
6.- Aprobación da modificación do cadro de persoal do ano 2021.
7.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza de circulación e uso da vía pública.
8.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA para non autorizar a instalación dunha gasolineira no espazo residencial de Brandia.
9.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para desenvolver un programa de dinamización do comercio local continuado para atraer clientela da comarca e da eurorrexión Galiza-Norte de Portugal.
10.- Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a creación do borrador tributario da cidadanía e o pagamento a prazos dos tributos.
11.- Proposición presentada polo grupo municipal do PP para manifestar o apoio á rehabilitación e permanencia do convoi histórico no acceso á estación intermodal.
12.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para unha nova regulación dos avais bancarios cando nas parcelas non existan servizos básicos para evitar desproporcionalidade e discriminacións.
13.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA para atender a demanda veciñal sobre a apertura do debate a respecto da xestión do ciclo integral da auga.
14.- Dar conta de informe de intervención de control financeiro exercicio 2021.
15.- Dar conta da designación dos representantes do grupo municipal de CA na Comisión especial de Peleteiro.
16.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
17.- Solicitude presentada polo grupo municipal do Partido Popular de comparecencia do concelleiro delegado de mobilidade, seguridade cidadá e festas.
18.- Rogos, preguntas e interpelacións.
Interpelación:
1.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre a implementación do plan de contratación anunciado en xuño de 2020.
Rogos:
1.- Presentado polo grupo municipal do PP para instalación paso peonil na rúa do Hórreo.
2.- Presentado polo grupo municipal do PP para inclusión árbores de folla caduca na rúa do Hórreo.
3.- Presentado polo grupo municipal do PP para arranxo do firme na rúa da Cañeira-San Lázaro.
4.- Presentado polo grupo municipal de CA para acondicionamento do camiño que vai da rúa dos Caraveis ao Monte do Campo en Vidán.
5.- Presentado polo grupo municipal de CA para establecemento puntos de información contra a violencia de xénero.
6.- Presentado polo grupo municipal do BNG para mellorar a mobilidade e reducir a sinistrabilidade na contorna da nova estación de autobuses.
7.- Presentado polo grupo municipal do BNG para retirar a simboloxía franquista.
8.- Presentado polo grupo municipal do BNG para atender as peticións de labores de prevención de incendios.
9.- Presentado polo grupo municipal de CA para colaborar na restauración e conservación da antiga locomotora e vagón.
Preguntas resposta oral:
1.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre inscrición no rexistro de asociacións da agrupación estudiantil CF da Estrada.
2.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre a eficacia do servizo de roza e limpeza de vias.
3.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre a circulación de camións de gran tonelaxe polo viario de acceso ao vertedoiro de Miramontes.
4.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre a tramitación da licitación do servizo de abastecemento e saneamento.
5.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre os muros da cidade que presentan risco de desprendemento.
6.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre a documentación dos expedientes de venda ambulante.
7.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre o cobro do recibo de recollida de residuos.
8.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre o peche do rexistro auxiliar do Ensanche.
Preguntas resposta escrita:
1.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre a liña 6 ao aeroporto de Lavacolla.
2.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre a aparición de restos humanos en Salgueiriños.
3.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre mesa convocada pola asociación Raigame en relación ao futuro da parcela do colexio Peleteiro.
4.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre o funcionamento da liña 6 do transporte urbano.
5.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre muro na Avda. de Coimbra.
6.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre enlousado de Xoán XXIII.
19.- Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1.- Presentada por CA para a creación dunha escola para regularizar a situación dos antigos empregados do bus ao aeroporto e impulsar unha liña de aerobús que conecte a intermodal e o Rosalía de Castro de xeito directo.
2.- Presentada por CA sobre a memoria democrática.
3.- Presentada polo PP para o acondicionamento do acceso peonil ao Monte do Gozo desde o Estadio de San Lázaro, a través da rúa das Estrelas.
4.- Presentada polo PP para esixirlle ao Goberno de España que respecte as decisións xudiciais e non conceda o indulto aos líderes independentistas cataláns condeados por sedición.
5.- Presentada polo PP para a participación activa do Concello de Santiago de Compostela na estratexia galega de atención á soidade non desexada.
6.- Presentada polo PP para instar ao Goberno de España a baixar o prezo da luz actuando sobre determinados impostos e custos regulatorios.
7.- Presentada por CA sobre as melloras necesarias nas obras do camiño de Santiago no Barrio de Conxo.
8.- Presentada por CA para a posta en marcha de políticas locais contra as agresión seuxais.
9.- Presentada polo BNG para realizar unha actuación integral de mellora de accesibilidade, iluminación, canalización de auga e espazos públicos no Barrio de Vite.
10.- Presentada polo BNG para ratificar o acordó de setembro de 2017 para non autorizar a instalación desta gasolineira en Brandia tendo en conta que existen suficientes motivos técnicos para a denegar.
11.- Presentada polo BNG para unha nova regulación da tarifa eléctrica que beneficie os territorios produtores de enerxía e reduza o IVE ao 4%.
12.- Presentada polo BNG para que o proxecto do Orbitaliño atenda as necesidades da veciñanza de Formarís para evitar que fragmente os núcleos de poboación.

20.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: Constitución dunha comisión de estudo de carácter especial, integrada consonte a un sistema de voto ponderado por dous membros de cada grupo municipal, para que supervise a participación do Concello no proxecto de creación dun polo de innovación tecnolóxica, avalíe a presumible falta de dilixencia habida e esixa, no seu caso, as responsabilidades oportunas.

NOTA: os dous plenos serán retransmitidos vía streaming a través da páxina web municipal.

Compartir: