Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 7 de marzo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Míriam Louzao, para presentar os premios Educacompostela. ANULADA

12.00 h
Na Alameda (paseo da Ferradura), a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, participa no acto simbólico de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Valle-Inclán, organizado pola Fundación Eugenio Granell en colaboración co Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.

19.30 h
No Auditorio de Galicia, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, preside o acto de recoñecemento Mulleres de Compostela con motivo do 8M, Día Internacional das Mulleres.

20.30 h
No Teatro Principal, representación de Deadpan Karaoke, de Ibuprofeno Teatro, protagonizada por Marián Bañobre baixo a dirección de Patricia Rodríguez. Ao remate do pase, posfunción co equipo responsable da obra.

Compartir: