Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 6 de marzo

10.30 h
Na Casa do Concello, acto oficial de culminación da despregadura da fibra óptica no Casco Histórico de Santiago de Compostela, iniciada pola operadora Orange e realizada desde o 2020 en 13 fases de actuación. No acto estarán:
- Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago
- Belén Hernández, xerente do Consorcio
- Miguel Rodríguez Quelle, en representación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)
- Manuel Chaín, subdirector xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia
- Nani Fernández, directora de Relacións Institucionais de Orange.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, para presentar o programa "Danzade", Na rolda tamén participarán Gustavo Couto, responsable da iniciativa; Iria Portos, bailadora de Et Suseia; e Sandra Quintana, responsable do CSC de Santa Marta

11.30 h
No Museo do Pobo Galego, a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación da 19ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

12.00 h
No Salón Nobre de Fonseca, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao acto conmemorativo do Día Internacional das Mulleres organizado pola USC.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, para presentar a 26ª edición dos Xogos Autonómicos de Natación de Special Olympics.

18.00 h
Na Casa do Cabido, a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, participa no acto de presentación das actividades que a USC promove ao abeiro do programa Faíscas Culturais para visibilizar a figura da actriz Manuela Rey.

Compartir: