Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 2 de marzo

10.00 h
No Centro Sociocultural do Ensanche, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na apertura da Xornada ‘Neurodiversidade e neurodiverxencias: Un cambio de paradigma para o Autismo’, organizada por ASPERGA en colaboración coa Federación Autismo Galicia.

10.00 h
No Monte do Gozo, o concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, participa na inauguración da Xornada Provincial de Socorros organizada por Cruz Vermella.

20.30 h
No Teatro Principal, representación de Desprovisto, da compañía UpArte, un espectáculo circense para público adulto que forma parte do programa PLATEA do INAEM.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Abraham Cupeiro presenta en concerto ‘Mythos’, o último traballo deste construtor e multiinstrumentista que chega aos palcos na compaña da Orquestra Gaos. Asiste a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

Compartir: