Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 14 de marzo

9.00 h
Na Alcaldía, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reúnese coa Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

11.00 h
Na Casa do Concello, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, mantén unha xuntanza coas asociacións de hostalería Asociación Hostelería Compostela, Hostalaria.gal e Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela.

12.00 h
Na rúa Federica Montseny (zona Lamas de Abade), o concelleiro de Sustentabilidade Ambiental e Servizos Básicos Comunitarios, Xesús Domínguez, presenta os avances no plan de compostaxe. Lugar: illa de compostaxe situada na rúa Federica Montseny.

17.30 h
Na praza do Toural, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, visita a mesa instalada por Alcer con motivo do Día Mundial do Ril.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto 'Sons Latinoamericanos' da Real Filharmonía de Galicia. Baldur Brönnimann dirixe a orquestra nun programa que conta coa intervención de Darío Solari como barítono e narrador e que inclúe obras de José Pablo Moncayo, Vicente Ascone, Alberto Ginastera, Adolfo Mejía e Arturo Márquez. Ás 19.45 horas na Sala Mozart, Brönnimann e Solari participan na sesión 'Conversando con...' á que pode asistir o público do concerto.

20.30 h
No Teatro Principal, estrea en Galicia de Manuela Rey is in da house unha coprodución teatral entre o Centro Dramático Galego, o Teatro Nacional Dona Maria II, o Teatro Nacional São João e o Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana que recupera a figura da actriz galega que se converteu na gran dama do teatro lisboeta do século XIX. Asiste a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

Compartir: