Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 8 de xullo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar as actividades do 35 aniversario de Chévere que se celebrarán durante todo o outono. Na rolda participan tamén o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, e Xesús Ron, Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira, da compañía.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Obras, Javier Fernández, sobre o plan de asfaltado.

12.00 h (hora local)
En Sintra (Portugal), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en compañía de responsables de FSC España e Portugal (Forest Stewardship Council), visita os Parques de Sintra - Montes da Lua, onde diferentes responsables de Parques de Sintra explicarán á delegación de Santiago detalles de conservación de biodiversidade dos montes urbanos de Sintra, como experiencia singular de xestión forestal responsable, acreditada coa Certificación FSC de Servizos dos Ecosistemas de Conservación da Biodiversidade.

Compartir: