Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 4 de xullo

NOTA: mandarase nota cos asuntos da Xunta de Goberno local.

10.00 h
Pleno ordinario
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta correspondente a sesión ordinaria do día 31 de maio de 2022.
2.- Aprobación definitiva da modificación puntual (MP) do Plan parcial do SUP-1 (Romero Donallo) no ámbito dos quinteiros 1 e 2.
3.- Aprobación definitiva do Estudo de detalle do quinteiro 6 do Plan parcial do SUP-1 (Romero Donallo).
4.- Aprobación definitiva do Plan parcial de ordenación do SUND-8. Monte Vidán.
5.- Aprobación do V Plan municipal de igualdade do concello (2022-2025).
6.- Proposta do concelleiro delegado de mobilidade relativa ao recoñecemento de débeda sobre a liquidación pola prestación do servizo de transporte colectivo urbano de viaxeiros da liña entre Santiago de Compostela e Villestro coa empresa "Hermanos Ferrín SL, correspondente ao ano 2021, por importe de 94.913,85 €.-
7.- Proposta do concelleiro delegado de mobilidade relativa ao recoñecemento de débeda sobre a liquidación pola prestación do servizo de transporte colectivo urbano de viaxeiros da liña entre a Porta do Camiño, Peregrina e Grixoa coa empresa "Autos Carballo, SLU." correspondente ao ano 2021, por importe de 228.228.12 €.
8.- Proposta do concelleiro delegado de mobilidade relativa ao recoñecemento de débeda sobre a liquidación pola prestación do servizo de transporte colectivo urbano de viaxeiros da liña entre San Roque e Aríns coa empresa "Autocares Rias
Baixas, SL", correspondente ao ano 2021, por importe de 62.091,95 €.
9.- Proposta do concelleiro delegado de mobilidade e seguridade relativa ao recoñecemento de débeda sobre a liquidación pola prestación do servizo de transporte colectivo urbano de viaxeiros da liña entre a rúa da Rosa e o polígono do Tambre coa empresa "Autos Grabanxa SL", correspondente ao ano 2021, por importe de 64.460,94 €.
10. Proposta do concelleiro delegado de mobilidade e seguridade relativa ao recoñecemento de débeda sobre a liquidación pola prestación do servizo de transporte colectivo urbano de viaxeiros coa empresa Tralusa e aprobación de indemnización substitutiva, a prol da mesma, por importe de 2.383.481,76 €.
11.- Depuración de obrigas dos exercicios pechados 2010 a 2020 por importe de 122.630,36 euros.
12.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA para que se inclúa na programación das festas música e cultura ao vivo de artistas e empresas locais.
13.- Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a licitación e contratación da continuidade das obras de mellora de equipamentos deportivos e sociais en Figueiras.
14.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA para a gobernanza do turismo impulsando unha reflexión colectiva sobre esta actividade e a necesidade de medidas para combater o turismo sen control.
15.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para a convocatoria dun certame anual de pintura rápida.
16.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para realizar obras pendentes comprometidas coa veciñanza de Figueiras.
17. Proposta de nomeamento de vogais da Comisión Asesora de Patrimonio Histórico.
18.- Designación de portavoz no grupo municipal do PP.
19.- Designación de representantes veciñais no Consello de Relacións Veciñais.
20.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
21.- Comparecencia da concelleira delegada de contratación.
22.- Comparecencia a petición propia do concelleiro delegado de educación.
23.- Rogos, preguntas e interpelacións.
Interpelación:
1.- Presentada polo BNG sobre o concurso do servizo de comedores escolares.
Rogos:
1.- Presentado por CA para que o concello atenda as demandas dos/as traballadores/as do servizo municipal de centros socioculturais en folga.
2.- Presentado polo BNG para a contratación de condutores despedidos da liña de autobús do aeroporto.
3.- Presentado polo BNG para buscar solucións ao conflito laboral na rede de centros socioculturais do concello.
4.- Presentado polo BNG para a regulación e coordinación do tempo dos semáforos.
5.- Presentado por CA para que se atendan as demandas da asociación veciñal Nova Xeira de Figueiras sobre compromisos adquiridos polo alcalde.
6.- Presentado polo PP para aumentar nas fins de semana e festivos a capacidade da liña de autobus entre os Tilos e o aeroporto (6A).
7.-Presentado polo PP para a roza de maleza nas beirarrúas dos polígonos de Costa Vella-A Sionlla.
8.- Presentado polo PP para a retirada e a procura dunha alternativa para a compactadora "provisoria" da Travesa de Fonseca.
9.- Presentado por CA para atender as demandas da veciñanza do Avio, da Torreira e Romaño.
Preguntas resposta oral:
1.- Formulada polo PP sobre a falta de previsión, supervisión e control das obras da rúa do Hórreo.
2.- Formulada polo PP sobre a construción dun tramo da senda peonil na Costa de San Lázaro, na beira da antiga estrada N-634.
3.- Formulada por CA sobre as políticas públicas para atender a diversidade sexual e de xénero no concello.
4.- Formulada polo PP sobre os vertidos existentes nuns terreos lindeiros coa rúa Ulpiano Villanueva, no barrio de Vite.
5.- Formulada polo BNG sobre o convenio de uso do campo do polideportivo da USC entre o concello e a universidade
6.- Formulada polo BNG sobre os motivos da recepción parcial da obra dos Concheiros.
7.- Formulada por CA sobre os servizos de conserxarías e limpeza dos centros educativos e das instalacións deportivas actualmente sen contrato.
8.- Formulada polo BNG sobre a clausura da canteira de Miramontes-Grixoa.
9.- Formulada por CA sobre o parque arqueolóxico Compostela Rupestre.
Preguntas resposta escrita:
1.- Formulada polo PP sobre saída de emerxencia do local coñecido como discoteca Ruta.
2.- Formulada polo PP sobre estudos de aforos na rúa do Hórreo ata a rotonda da Galuresa, no tramo onde se está a executar o proxecto de reurbanización.
3.- Formulada polo PP sobre dotación de servizos de abastecemento e saneamento ás vivendas na rúa de Amio.
4.- Formulada polo PP sobre as deficiencias nas instalacións da escola Bispo Teodomiro en Marrozos.
5.- Formulada por CA sobre a situación de pagamento das facturas correspondentes ao contrato de servizos de vixilancia en varias dependencias municipais.
6.- Formulada polo BNG sobre a apertura do centro sociocomunitario da Porta do Camiño.
7.- Formulada polo BNG sobre xardineira que dificulta o acceso a garaxe na rúa do Escultor Asorey.
8.- Formulada polo BNG sobre prezos das atraccións para as festas do 25 de xullo.
24.- Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1.- Moción presentada por CA para a continuidade das escolas unitarias do rural.
2.- Moción presentada por CA sobre a mellora da accesibilidade e a construción dun novo estacionamento no proxecto de ampliación do CHUS.
3.- Moción presentada por CA sobre a situación e contratacións de traballadores e traballadoras na liña 6 ao aeroporto.
4.- Moción presentada por CA para que o concello facilite e favoreza a actividade dos clubes deportivos do municipio así como o uso e mellora das pistas de atletismo da cidade.
5.- Moción presentada polo BNG para a mellora de espazos públicos no Ensanche.
6.- Moción presentada polo BNG para a estabilización dos postos de traballo municipais.
7.- Moción conxunta presentada polo PP, CA e BNG para o cumprimento do contrato da empresa concesionaria do servizo de recollida de residuos.
8.- Moción presentada polo PP para a posta en marcha dunha programación de circuítos saudables.
9.- Moción presentada polo PP sobre o prazo legal para a implantación da recollida de biorresiduos.
10. Moción presentada polo PP para a proposta ao goberno de España dun plan de medidas urxentes extraordinarias en defensa das familias e da economía española.
11.- Presentada polo BNG para a reprobación do concelleiro de educación por non convocar en prazo as actividades de conciliación

Compartir: