Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 12 de xullo

10.00 h
En Grixoa, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, clausura o obradoiro de emprego Creas IV. Asisten o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor López, e a xefa territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Judit Fontela Baró.
Programa:
10.00 h. Andaina polo treito do Gatofero, na ruta 4 do Xiro Grande dos Montes de Santiago, no lugar do Bargo. Coordenadas: 42.931862025621776, -8.557918596209944
10:45 h. No Centro Sociocultural de Grixoa, acto de clausura do obradoiro de emprego DUAL CREAS IV e entrega de diplomas.
NOTA: haberá un autobús que sairá de San Francisco ás 9.45 h.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e do presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, para presentar a XIV Edición de Santiago(é)tapas".

12.00 h
Na terraza do Pazo de Raxoi, recepción aos membros do equipo júnior de hockey a patíns que quedaron campións galegos e acadaron o 5º posto no Campionato de España e ás mozas sénior que ascenderon a OK Plata.

12.30 h
Na praza do Obradoiro, recepción aos ciclistas membros da Asociación Deportiva Bielca que veñen de percorrer o Camiño de Santiago recaudando fondos para a ONG Debra – Piel de Mariposa

Compartir: