Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 9 de setembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deporte, Rafael Peña, para presentar o evento 3x3 Plaza CaixaBank, organizado polas Federacións Española e Galega de Baloncesto. Na rolda tamén estará José M. Castelao, representante da FGB e Juan Ignacio Domínguez, representante de CaixaBank.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar o Programa de Economía Social. Estará acompañada por tres responsables de proxectos incluídos no programa: Chus Prol, do proxecto Xeraacción e A Viaxe; Fernando Piñeiro, de Aposta por ti; e María Traveso, de Adestramentos Colaborativos.

11.15 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á recepción e entrega de premios ás patrullas participantes no concurso de Patrullas da BRILAT Tui-Santiago de Compostela.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro secretario da Xunta de Goberno Local, Xan Duro, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.

12.00 h
No Salón Nobre de Fonseca, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de apertura do curso académico 2016-2017.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, sobre os Orzamentos Participativos.

WOS Festival
En varios espazos e ao longo de todo o día, diferentes actividades. Toda a información en wosfestival.es

Festival herDanza
18:30 – OLGA CAMESELLE "A DERIVA"
Museo do Pobo Galego
20:30 – LA INCIDENTE D-T "AUNAR"
Igrexa de Santa María Salomé
22:00 – ÁNGEL ZOTES "A-CERCAR"
Praza da Inmaculada

Compartir: