Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 12 de setembro

11.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación, Manuel Dios, visitan os centros de educación infantil e primaria de Lamas de Abade, Monte dos Postes e López Ferreiro con motivo do inicio do curso escolar. Manterán un encontro cos medios de comunicación no CEIP Lamas de Abade ás 11.00 h (Rúa Lamas de Abade, 25).

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar o proxecto "Mutacións Urbanas. Laboratorio de Creación para activar a cidade dun xeito inclusivo". Na rolda tamén estará a responsable do mesmo, Clara Rodríguez Cordeiro.

17.00 a 19.00 h
Na entrada da Biblioteca Ánxel Casal, ‘Parcheados’, obradoiro enmarcado no proxecto ‘Mutacións Urbanas. Laboratorio de Creación para activar a cidade dun xeito inclusivo’ de 7H Cooperativa Cultural.

Compartir: