Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 11 de decembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, sobre asuntos da súa área.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

12.00 h
No Biopolo da Sionlla, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, participa na presentación do proxecto IBERO_BIO, no que participa Uninova.

19.00 h
No Colexio da Avogacía (rúa de Eduardo Pondal, 4), a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, mantén unha xuntanza co Foro Cívico.

19.30 h
No Hotel Monumento San Francisco, a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, asiste ao acto de celebración do X aniversario da revista La Alacena Roja.

Toda a programación de Nadal
http://www.santiagodecompostela.gal/medi/Baners/1701077314Despregable_nadal2023_web.pdf

Compartir: