Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 5 de decembro

De 10 a 14 h
No Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia selecciona director/a asistente. 3 finalistas traballarán a 2ª sinfonía de Beethoven e Schattenhaft de Hugo Gómez Chao en ensaios abertos á cidadanía. O acceso é libre ata completar capacidade.

10.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA de presentación da programación de Artes Escénicas para o 1º semestre de 2024. Interveñen a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao; a deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, o director de AGADIC, Jacobo Sutil; o director-xerente do Auditorio, Xaquín López, e a dramaturga, directora e actriz, Esther F. Carrodeguas.

11.30 h
Na Alcaldía, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, reúnense co Club Financeiro de Santiago. Gráficos e declaracións ás 11.30 h (hora de remate do encontro).

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, para presentar a San Silvestre. Tamén estará o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín.

19.30 h
No Centro Sociocultural do Ensanche, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, inaugura a exposición "40 anos do Carrabouxo", organizada pola AC O Galo.

Toda a programación de Nadal
http://www.santiagodecompostela.gal/medi/Baners/1701077314Despregable_nadal2023_web.pdf

Compartir: