Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 21 de decembro

10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
1. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2023/00053122L.
Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do día 30 de novembro de 2023.
2. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2023/00053237L.
Modificación da data de celebración da sesión ordinaria do Pleno da Corporación no mes de xaneiro de 2024.
3. CIRCULACIÓN E SEGURIDADE CIDADÁ. Referencia: 2023/00052421P.
Adhesión do Concello de Santiago de Compostela á asociación "Red de Ciudades por la Bicicleta".
4. PLANEAMENTO. Referencia: 2023/00038074J.
Aprobación inicial da Modificación da ficha A-17 do Catálogo do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM). Avenida de Rosalía de Castro núm. 72, 74, 76 e 78.
5. CIRCULACIÓN E SEGURIDADE CIDADÁ. Referencia: 2023/00000032R.
Aprobar o expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito xunto co abono dunha indemnización substitutiva recoñecendo a débeda contraída, pola prestación do servizo de transporte correspondente ao último trimestre do ano 2022.
6. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023/00050730L.
Aprobación de expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito para aprobar gastos devengados no exercicio 2022 e non recollidos como OPA, coa codificación 2023-REC-14.
7. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: LRP_2023-REC-15.
Aprobación de expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito para aprobar gastos rexistrados na conta 413 e outros gastos, que inclúe levantamentos de reparo de competencia plenaria, por importe total de 129.522,60 euros, coa codificación LRP_2023-REC-15.
8. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: LRP_2023-REC-16.
Aprobación de expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito para aprobar outros gastos devengados no exercicio 2022, non recollidos como OPA, que inclúe levantamento de reparo de competencia plenaria, por importe total de 32.394,57 euros, coa codificación LRP_2023-REC-16.
9. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023/00052634Z.
Aprobación de expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito para aprobar gastos outros gastos devengados no exercicio 2022 e non recollidos como OPA, coa codificación 2023-REC-17.
10. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023-REC-18.
Aprobación de expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito para aprobar gastos rexistrados na conta 413 e outros gastos, por importe total de 9.427,31 euros, coa codificación 2023-REC-18.
11. PROTOCOLO E RELACIÓNS PÚBLICAS.
Aprobación de expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito e abono dunha indemnización substitutiva para pagamento factura emitida pola asociación Vía Galega.
12. CONTRATACIÓN. Referencia: 2023/00052661H.
Levantamento de reparo formulado por intervención municipal e aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos para pagos efectuados por tesourería municipal mediante adeudo directo en conta bancaria por importe de 149.174,83 euros.
13. Proposición presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á apertura da rúa que une Basquiños-Santa Clara coa rúa Arzúa.
14. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para crear unha estratexia fronte a soidade non desexada.
15. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para que os bonos corazón sexan utilizados polas persoas empadroadas no Concello de Santiago.
16. Tomar coñecemento do Plan anual de control financeiro.
17. Tomar coñecemento do acordo da Xunta de Goberno de aprobación do Protocolo para a abordaxe das Violencias Sexuais e LGTBIfóbicas en Espazos de Ocio Nocturno do Concello de Santiago de Compostela.
18. Tomar coñecemento de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
19. Comparecencia da alcaldesa.
20. Rogos, preguntas e interpelacións.
Rogos:
1.- Formulado polo grupo municipal do PSdeG-PSOE relativo á situación do departamento de cartografía.
2.- Formulado polo grupo municipal do PSdeG-PSOE relativo ao mal estado da tapa dunha arqueta na rúa Miguel Ferro Caaveiro.
3.- Formulado polo grupo municipal do PSdeG-PSOE relativo a instar ao servizo correspondente á reposición ou limpeza da sinalética.
Preguntas orais:
1.- Formulada polo grupo municipal do PP en relación as queixas dos usuarios polos fallos do sistema SAE de localización dos autobuses a tempo real.
2.- Formulada polo grupo municipal do PP en relación ás vivendas de uso turístico.
3.- Formulada polo grupo municipal do PP sobre o estado das obras de mellora dos accesos á Almáciga: ámbito Pastoriza.
4.- Formulada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa a execución de obras que se están levando a cabo en diferentes puntos do concello.
5.- Formulada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á previsión do goberno local para investimentos no rural para o ano 2024.
6.- Formulada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á licitación das obras de rehabilitación do complexo polideportivo de Sta. Isabel.
Preguntas escritas:
1.- Formulada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa a beneficios fiscais sobre impostos e taxas.
2.- Formulada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á obriga de retirar a publicidade corporativa dos clubes deportivos.
3.-Formulada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á renuncia ao acordo coa Deputación para financiar a rehabilitación da casa da xuventude.
21. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1.- Presentada polo PP para terminar co caos de tráfico e os atascos nos accesos ao Polígono de Costa Vella.
2.- Presentada polo PP para arranxar os fallos da web do concello para garantir o acceso e actualización da información do portal de transparencia.
3.- Presentada polo PP para a elaboración dun plan de mocidade no Concello de Santiago.
4.- Presentada polo PP para que se solucionen diversos problemas en varias parroquias do rural.
5.- Presentada polo PSdeG-PSOE para a ampliación do aparcadoiro en superficie de Altiboia.
6.- Presentada polo PSdeG-PSOE para a cesión dun local á asociación compostelana de diabetes.
7.- Presentada polo PSdeG-PSOE relativa ao recoñecemento de exencións e bonificacións por razóns de conciliación laboral e necesidade económica nos servizos de comedor e madrugadores na rede de centros públicos de educación infantil e primaria para o curso 2024-2025.
8.- Presentada polo PSdeG-PSOE relativa á denuncia da asociación de familias de alumnas da escola unitaria de Gaioso-O Eixo.

Compartir: