Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 18 de decembro

11.00 h
Na praza do Obradoiro, minuto de silencio con motivo do Día das persoas migrantes.

11.05 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, para dar conta das accións que se desenvolverán en colaboración coa 'Rede Galega en apoio ás persoas Refuxiadas'. Na rolda tamén participará Miguel Fernández, en representación da entidade

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, para presentar o acto conmemorativo do aniversario da estrea do himno galego, que terá lugar o 20 decembro no Teatro Principal. Na rolda tamén estarán Anxo Louzao, coordenador de Vía Galega; María Antonia Pérez, vicepresidenta de Galiza Cultura; Xaquín Xesteira, director de Cantigas e Agarimos; José Franqueira, presidente do Coro Crecente; e Pilar Reino, da directiva da Coral Solfa.

12.00 h
Na Cidade da Cultura (edificio Fontán), a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na Xornada de debate e presentación de proxectos do Grao de paisaxe da ETSAC da Universidade da Coruña.

17.00 h
No Parlamento de Galicia, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reúnese co presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e co arcebispo de Santiago, Francisco Prieto. SÓ GRÁFICOS. Remitirase nota de prensa.

20.00 h
No Teatro Principal, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, preside o acto de entrega dos premios Manuel Beiras.

Toda a programación de Nadal
http://www.santiagodecompostela.gal/medi/Baners/1701077314Despregable_nadal2023_web.pdf

Compartir: