Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 15 de decembro

10.30 h
Na rúa do País Vasco (no tramo próximo á SC-20: coordenadas 42.89575217230752, -8.507196385629424), a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presenta o Obradoiro de Emprego "Berce do Sar". A continuación, realizarase unha plantación de árbores autóctonas na parcela situada ao carón da rúa Malta.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros do grupo municipal popular Adrián Villa e José Ramón de la Fuente sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Sede do Consorcio de Santiago (Rúa do Vilar, 59), a presidenta do Consorcio e alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, preside a Comisión Executiva e o Consello de Administración. SÓ GRÁFICOS.

20.00 h
Na Igrexa da Mercé, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao concerto solidario de Nadal do Coro Crecente de Voces Graves de Conxo e o Coro do Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra.

Toda a programación de Nadal
http://www.santiagodecompostela.gal/medi/Baners/1701077314Despregable_nadal2023_web.pdf

Compartir: