Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 14 de decembro

10.30 h
No Xardín da praza do Obradoiro, a concelleira de Festas, Pilar Lueiro, e o concelleiro de Parques e Xardíns, Xesús Domínguez, presentan novidades sobre o programa "Compostela, a Estrela do Nadal".

18.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, preside o acto de entrega da II edición do premio á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago.

20.00 h
Na sede da Asociación Área Empresarial do Tambre, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á Gala de homenaxe ás empresas que cumpriron 25 anos na asociación.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Maximino Zumalave dirixe a RFG no concerto ‘Exultate Jubilate’, un recital en colaboración coa Asociación de Amigos da Ópera de Santiago que contará coa intervención da soprano Carmen Buendía. Ás 19.45, sesión Conversando con… Maximino Zumalave na Sala Mozart do Auditorio.

Toda a programación de Nadal
http://www.santiagodecompostela.gal/medi/Baners/1701077314Despregable_nadal2023_web.pdf

Compartir: