Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 13 de decembro

9.00 h
No Hotel A Quinta da Auga (Paseo Amaía 23, Vidán), o concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez, participa na apertura da xornada "Enerxías renovables e transición enerxética en Galicia. Proxección de futuro" organizada pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, para presentar a programación de Nadal nos Centros Socioculturais.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da portavoz municipal do BNG, Míriam Louzao, e da deputada parlamentar Iria Carreira sobre asuntos de interese local.

14.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao embaixador de Indonesia en España Prof. Muhammad Najib.

20.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, preside o acto de entrega do XXVI Premio de Investigación do Traxe Galego "Antonio Fraguas".

20.30 h
No Teatro Principal, proxección de Balle Voyage, unha curtametraxe de ficción de Iria Ares producida por Estudo Momento. Entrada libre até completar capacidade

Toda a programación de Nadal
http://www.santiagodecompostela.gal/medi/Baners/1701077314Despregable_nadal2023_web.pdf

Compartir: