Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 1 de decembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Promoción Económica, María Rozas, para presentar o XII Mercado da Estrela. Na rolda tamén participarán Mónica Mejías, directora do Mercado da Estrela, e Elena Fabeiro, xerenta da Fundación Artesanía de Galicia.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e da primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, para presentar a campaña Fala Baixiño, xunto con representantes das asociacións de hostalería da cidade.

13.30 h
No Salón Vermello, recepción aos comercios de Área Central que permanecen no centro dende a súa apertura, con motivo da celebración do 30 aniversario.

18.00 h
No Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia ofrece o concerto familiar ‘Pulcinella’, con Javier Fajardo á dirección, Malu Balado no guión e dirección artística, Rodrígo Rodríguez como narrador e coa bailarina Marta Placer.

18.30 h
Na praza do Obradoiro, encendido das luces de Nadal e apertura do "Xardín das 8 puntas". Actuación musical a cargo do Coro Estudio. Realizarase un percorrido dende a praza do Obradoiro, pasando por Porta Faxeira e Carreira do Conde, ata a Praza Roxa. Ás 20.00 h, concerto a cargo dos grupos musicais do Centro Xove na Carpa Roxa.

20.30 h
No Teatro Principal, a compañía Pepa Plana, Premio Nacional de Circo 2022, representa Veus que no Veus, un espectáculo para público familiar que forma parte do Programa Circo a Escena da Rede de Teatros e Circos CIRCORED promovido por INAEM (Ministerio de Cultura e Deporte).

Compartir: