Previsións informativas para o venres 24 de xullo
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, para presentar o ciclo de cine ao aire libre dentro das festas do Apóstolo. Na rolda tamén estará o organizador, Ezequiel Mosquera.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
13.00 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega das Medallas de Galicia.
17.00 h
Na sede de Afundación (praza de Cervantes), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside a Comisión Executiva e o Consello de Admistración da entidade interadministrativa.